VIRAPÉ


O grupo Virapé naceu como resultado do encontro entre dous músicos multiinstrumentistas con unha ampla traxectoria en cantos e danzas do mundo e un terceiro percusionista que achega ao dúo unha grande variedade rítmica mui rica en matizes.
Virapé propón unha viaxe espacial con un percorrido a través da xeografía musical das diferentes culturas e temporal ao longo das diferentes épocas históricas(danzas medievais, renacentistas, barrocas...etc.).
Nos seus espetáculos combinan a música ao vivo de gran riqueza tímbrica e rítmica (resultado da combinación das suás voces con a variedade de instrumentos musicais que utilizan) e a apredizaxen de cantos e pasos de danza.
O seu obxetivo é que cada vez mais xente coñeza estas danzas e se anime a participar nelas, para iso realizan concertos regulares en diferentes espazos públicos: salas de baile, cafés concerto, ceas e festas históricas, prazas, locais veciñais..etc.

  • Lena Andrea Ullrich..................Voz, frauta doce, tin wishel, saxo alto, punteiro e acordeón
  • Servando Barreiro.....................Voz, gaita,laude, concertina, acordeón e guitarra
  • Rubén Pastoriza..........................Percusións(Darbuka, pandeiro, pandeireta, davul...etc.)